Tuesday 30 de April de 2024

A terceira edición dos Xogos Escolares contará coa participación de máis de 1.100 alumnos de 44 centros escolares da cidade


No curso 2014/15, 118 equipos compiten en nove disciplinas deportivas co obxectivo de promover a educación en valores e afondar na cultura do deporte e a saúde

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, acompañado por Emilio Veiga, presidente da Asemblea de Directores, e Daniel Cameselle, presidente da Federación provincial de ANPAS, informou esta mañá sobre a III edición dos Xogos Escolares, onde se inclúen ata nove disciplinas deportivas diferentes e participan alumnas e alumnos matriculados nos centros educativos da cidade, dende 2º de Primaria ata 2º de Bacharelato e os Ciclos Formativos, co principal obxectivo de achegar o deporte a todos, especialmente a aqueles que non practican o deporte federado. Os Xogos Escolares propoñen unha hora de competición á semana, que será de luns a venres e variará por cursos e modalidades deportivas, entre as 16.00 e as 20.00 horas.
“Falamos de seis meses de competición, de torneos deportivos gratuítos que cumpren os seguintes obxectivos: mellorar a saúde dos escolares coruñeses por medio da actividade física; promover o papel do deporte base na educación e formación impartida polo Concello; e utilizar o potencial do deporte para a inclusión social, a integración e a igualdade nos centros educativos da cidade”, destacou Mourelo, quen enumerou os obxectivos máis específicos cos que cumpre a iniciativa:
– Ofrecer alternativas para completar a oferta do deporte federado e do deporte escolar.
– Potenciar a simbiose entre os recursos do Concello e a estrutura dos principais clubs da cidade.
– Ofrecer unha competición adaptada á idade dos nenos e nenas.
– Promover a educación en valores co deporte e a competición como medio, como a solidariedade, a tolerancia, o respecto e a superación.
– Fomentar a formación dos técnicos deportivos e incrementar o número de postos de traballo.
“Presentamos unha oferta atractiva para todas as idades intentando, cada curso, incorporar novos deportes. A inclusión de deportes maioritarios, como o fútbol, e outros con menos número de participantes, é o segredo do éxito. Nesta terceira edición incorporouse o tenis cunha moi boa acollida; e o xadrez e o fútbol feminino foron as disciplinas deportivas con máis crecemento neste curso”, destacou o concelleiro, quen explicou que completan a oferta deportiva disciplinas como o baloncesto, o balonmán, o fútbol sala, o voleibol e o wáter-polo.
Para organizar os Xogos Escolares, a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude asinou acordos con diversas entidades e clubs históricos da cidade co fin de que acheguen a súa experiencia en cada unha das disciplinas deportivas. Así, participan o OAR Cidade de Balonmán, o Club Barquet Coruña, a Asociación Coruña Metropolitana, a Escola de Tenis Marineda, o Zalaeta Club Voleibol, a Asociación Coruñesa de Wáter-Polo e a Asociación Galega de Xadrecistas.
Ademais a Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos tamén apoia a iniciativa cos seus monitores deportivos do programa municipal Deporte no centro.
“El éxito de este programa se ratifica curso tras curso. En esta edición ya contamos con 118 equipos, frente a los 94 de la primera convocatoria. Además, el número de centros con alumnos participando en la iniciativa no ha dejado de crecer, llegando en este curso hasta los 44, un 33% más que en 2012/13. También se refleja un continuo crecimiento en el número de participantes, alcanzando en esta ocasión los 1.126 y destacando disciplinas como el fútbol femenino y el ajedrez con 152 y 160 participantes respectivamente”, destacó Mourelo.
Os Xogos Escolares integran, xunto aos programas educativos municipais Educa Saúde e Deporte no centro, o plan estratéxico de intervención coordinada sobre o ámbito da saúde e o deporte nos centros educativos coruñeses. Estes tres programas municipais responden ao compromiso do Concello de reforzar e apoiar o deporte base e a saúde nos centros educativos, preferentemente nas etapas de educación Infantil, Primaria e Secundaria.
“Os Xogos Escolares responden a unha aposta polo deporte base como xerador de hábitos de saúde nos mozos da cidade. Os números confirman a súa consolidación, grazas ao aumento de centros e alumnos participantes, así como á diversificación das modalidades deportivas,” concluíu o concelleiro de Deportes.